Noelia Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1995 (29 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Premios | |
| |
Noelia Rodríguez Rey, máis coñecida como Noelia Rey, nada en Ourense o 9 de abril de 1995, é unha xornalista galega de televisión.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou secundaria no IES Otero Pedrayo e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago. Ten un Mestrado en Xornalismo en Radio, TV e Multimedia, Xornalismo audiovisual na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES de Madrid.
Fixo prácticas en La Voz de Galicia (Ourense) e foi redactora en Mediaset España e bolseira da CRTVG. Xornalista en Produciones Audiovisuales SETE MEDIA SL, colaborou con Galicia Noticias Serán, presentou Cantas ou non, traballou en Adiviña quen ven esta tarde e Aquí Galicia, e como reporteira, guionista e colaboradora en Malicia Noticias,[2] todos na TVG. En 2021 participou no Land Rover[3] e en 2022 tamén no Luar.
En xuño de 2022 comezou a presentar na TVG Vaia troula![4]
O 31 de decembro de 2021 foi a encargada, xunto con Arturo Fernández e Teresa Portela, de dar as badaladas de ano vello na TVG.[5] Repetiu en 2023 con Xosé Ramón Gayoso e Rocío Durán.[6]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2022: Premio europeo CIRCOM como ‘Novo talento en Pantalla’ 2022.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atlántico (2021-04-04). "Noelia Rey, reportera total". Atlántico (en castelán). Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "El entretenimiento en tiempos de resistencia (2)". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "Con Fernando Tejero e Noelia Rey". crtvg.es.
- ↑ "O domingo, a partir das 23:00 na TVG volve 'Vaia troula' con novo equipo e presentado por Noelia Rey CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-05-30.
- ↑ "Campanadas con Noelia Rey, uno de los rostros más populares de la Televisión de Galicia". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "Quiénes van a dar las campanadas de fin de año: del regreso de Gayoso a la sorpresa de Jenni Hermoso". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-12-06. Consultado o 2024-01-05.
- ↑ "Os premios europeos CIRCOM elixen a presentadora do ‘Malicia noticias’, Noelia Rey, como ‘Novo talento en Pantalla’ 2022 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-04-13.